
O exsenador e exalcalde de Ribadavia, Miguel Fidalgo, louva a traxectoria persoal, artística e política de Pirucho tralo seu falecemento
02 ago 2025 . Actualizado a las 10:28 h.Boa viaxe Xoan Manoel Lazcano (sempre Pirucho). Despedimos a un ilustre ourensán, nacido en Pontevedra. Juan Pirucho foi un brillante xestor Público, como director provincial no INEM ou delegado da Consellería de Obras Públicas. Unha persoa que unía un sentido de vangarda e innovacion, cunha dose de eficacia inédita na xestión pública nesta terra, e un ánimo alegre e divertido, amigable e un sinfín de cualificativos. Cando o deixou, pasou o mundo da arte da que nunca se desvinculara. Del foi a idea de poñer arte mas estradas e en canto lugar público poidera.
Amou o mundo dos viños e toda tarefa creativa. En Ribadavia e no Ribeiro queda pendente toneladas de agradecemento. Por exemplo, non podería haberse creado (fai 37 anos!) o sistema comarcal de recollida de lixo, por exemplo co equipamento necesario (contenedores e camións), a estrada Ribadavia-Carballiño e outras actuacións. Aqui en Ribadavia naceu a primeira Escola-Taller de Galicia unida a rehabilitación do casco histórico, o Museo do Viño ou a Festa da Istoria. Foi unha desas escasas (cinco?) persoas que estivo aquí no taller das boas ideas.
Debémoslle tanto a alguén que nunca nada reclamou, como fan os grandes. Atoparemolo nese universo onde se xuntan os artistas, os amantes da creación, do viño, da inspiración e do amor á xente.
Miguel Fidalgo foi alcalde de Ribadavia e senador