O premio do certame de poesía Florencio Delgado Gurriarán está dotado con 3.000 euros

La Voz OURENSE

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses; María del Carmen Álvarez, concelleira na Rúa; e Margarida Pizcueta, edila no Barco, na presentación do premio.
Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses; María del Carmen Álvarez, concelleira na Rúa; e Margarida Pizcueta, edila no Barco, na presentación do premio. LOLITA VÁZQUEZ

As obras pódense presentar ata o 29 de xuño

25 abr 2025 . Actualizado a las 09:43 h.

Este xoves abriuse o prazo para presentar os poemas candidatos para a sexta edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, convocado pola fundación que leva o nome do poeta valdeorrés co apoio da Deputación. Ao certame, que premia con 3.000 euros a un único poema, poden presentarse un máximo de tres composicións. Deben ser inéditas, escritas en galego e ter entre 15 e 50 versos. A temática é libre e o prazo de presentación remata o próximo 29 de xuño. A convocatoria foi anunciada no Teatro Lauro Olmo do Barco, onde se realizará este ano a gala de entrega do premio. Nese espazo, amosouse por vez primeira o cartel desta sexta edición deseñado pola valdeorresa Patricia Fernández, quen asina as súas obras como Lapitipintada.