As vodas castrexas volveron á aldea de Saa

La Voz OURENSE

VILAR DE SANTOS

Un momento da voda castrexa na Festa da Arracada.
Un momento da voda castrexa na Festa da Arracada. CEDIDA

Vilar de Santos celebrou a segunda Festa da Arracada

08 jun 2025 . Actualizado a las 17:41 h.

A aldea de Saa acolleu a II Festa da Arracada-Beltane, unha celebración que volveu reunir a veciñanza e visitantes arredor da cultura castrexa

O público desfrutou dunha completa programación que incluíu música en directo, espectáculos inspirados nos rituais e cerimonias da antigüidade como as vodas castrexas, o rito do lume coa queima da efixie e unha cea popular celebrada ao aire libre, en plena natureza.

A celebración estivo organizada polo Concello de Vilar de Santos e a asociación Civitas Limicorum. Queren consolidala como unha cita de referencia para a posta en valor do patrimonio inmaterial da comarca, combinando divulgación histórica e celebración colectiva nun entorno privilexiado.