O BNG da comarca da Limia e Allariz-Arnoia presentou ós seus candidatos

La Voz OURENSE

XINZO DE LIMIA

Candidatos do BNG na comarca da Limia, Allariz e Arnoia
Candidatos do BNG na comarca da Limia, Allariz e Arnoia Cedida

A formación presentáse baixo o lema «Un Concello de 10, un concello de 10.000»

19 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG de Xinzo de Limia presentou  o seu proxecto para as eleccións municipais. Baixo o lema «Un Concello de 10, un concello de 10.000», Camilo Vila, candidato á alcaldía de Xinzo de Limia , desenvolveu as cinco ideas sobre as que pivota a súa proposta: «Medrar en Xinzo; Traballar en Xinzo; Vivir en Xinzo; Coidar en Xinzo e Desfrutar en Xinzo».

Máis de 150 persoas acudiron ó acto no que se coñeceron os nomes das persoas fortes do equipo de Vila: Manuel Pozo, enxeñeiro de telecomunicacións e ligado sempre á Anpa do Ceip Carlos Casares; Alba Feixóo, avogada e histórica militante nacionalista; Marta Joga, educadora e vencellada ó ámbito da música tradicional; e Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo en Ourense. «A grande sorpresa é contar con Manuel Pozo», afirmaron dende o BNG, unha persoa de recoñecida traxectoria profesional e social pero que nunca apoiara a ningunha candidatura. Manuel expuxo que o motivo que o levou a dar o paso é a confianza no proxecto.  

Houbo ocasión de coñecer ó resto de candidatos do BNG de toda a comarca da Limia e de Allariz-Arnoia: Cristina Cid Fernández (Allariz), Silvia Piñá Flores (Baltar), Xaime Óscar Iglesias Pérez (Baños de Molgas), Celso Sánchez González (Maceda), Juan Antonio Rivero Abuín (Rairiz de Veiga), María do Mar Alonso Lozano (Trasmiras), Manuel Conde Gómez (Vilar de Barrio), Antonio Míguez Nogueiras (Vilar de Santos) e Sonia Vidal Lamas (Xunqueira de Ambía).