
A marcha de 10 quilómetros recadará fondos para proxectos sociais con persoas maiores
17 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia será o punto de partida da VI Andaina Solidaria da Cruz Vermella, que se celebrará o domingo 1 de xuño a partir das 10.00 horas. Cun percorrido de 10 quilómetros, a actividade está aberta a toda a cidadanía e ten un fin solidario: recadar fondos para proxectos sociais dirixidos a persoas maiores. A inscrición custa 8 € e inclúe un boleto do Sorteo de Ouro, avituallamento e participación no sorteo de agasallos ao remate.
As inscricións poden realizarse ata completar prazas na Asemblea Comarcal da Cruz Vermella (Rúa Río Arnoia, 14 ? Multicentro) e no Centro Sociocomunitario de Xinzo (Rúa Río Támega, 2). A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Xinzo, a Policía Local e Protección Civil. A Cruz Vermella anima á participación lembrando que «o que facemos polas persoas vale ouro».