Montserrat Prado, delegada de Innovación, mostrou o seu apoio a este salón turístico que se plasma en dúas vertentes, a económica cun convenio de colaboración coa Cámara de Comercio, e coa instalación dun stand de Tour Galicia.
Destacou tamén a importancia da bolsa de contratación de Ferpalia para fomentar o negocio e que se estabilice ao longo do ano co peche de contratacións. «O sector turístico -engadíu- representa o 12 por cento do PIB e o 13 por cento das persoas ocupadas».
Dende a súa consellería estase a traballar na potenciación de Galicia como destino de calidade e diferenciado, para atraer a un tipo de turista en alza, como é o que ven en pequenas escapadas dunha semana, unha ponte ou un fin de semana.
A delegada subliñou que no que vai de ano, 4 millóns de persoas visitaron Galicia, o que supón case que un 9% máis que no mesmo período do pasado ano.
Pola súa banda, José Juan Durán abundou na importancia do negocio no sector turístico e destacou que Pontevedra é a provincia turística galega por excelencia, pois «a metade das pernoctacións, a mitade dos ingresos e a metade das persoas que vía turismo chegan a Galicia, veñen á provincia de Pontevedra», dixo.
Tamén indicou a intención de traballar, desde Turismo Rías Baixas, coas outras administracións e institucións en potenciar aínda máis «esa marca plenamente consolidada nos mercados nacionais e internacionais que e Rías Baixas».