Ferpalia vai de congreso

S. A.

PONTEVEDRA

A feira do turismo de Galicia pretende superar a barreira das 4.000 entrevistas entre touroperadores e hosteleiros

27 sep 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A pesar de que ainda son moitos os que relacionan a nosa comunidade cunha rexión na que adoita chover con insistente frecuencia, outros tantos acaban por descubrir unha localización inesperada pola súa oferta gastronómica e paisaxística.

Ferpalia, o salón do turismo en Galicia, celebrará unha nova edición os vindeiros 1, 2 e 3 de outubro no recinto ferial da cidade. Esta nova entrega estará adicada ao turismo de congresos, unha das actividades que máis está medrando nos últimos tempos, e que constitúe unha moi interesante fonte de ingresos durante todo o ano.

As bolsas de contratación servirán para que a oferta galega do sector turístico poida poñerse en contacto cos touroperadores que demandan Galicia como destino predilecto dentro do panorama nacional.

Outra das actividades programadas son as xornadas gastronómicas. Ferpalia ofrecerá explicacións a modo de cata comentada para todos aqueles clientes que formen parte da bolsa de contratación e que queiran disfrutar dos productos galegos de primeira calidade da man dos mellores espadas da cociña da nosa comunidade.

Un sector en auxe

O presidente da Cámara de Comercio, Ricardo Mirón, aseguraba durante a presentación de Ferpalia que a feira chega precedida «de un crecimiento progresivo, tanto en lo que se refiere a la cifra de negocio, 43 millones de euros en su última edición, como en el número de contactos realizados en la bolsa de contratación, cuatro mil aproximadamente».

Mirón tamén afirmou que esperan «superar» as expectativas do pasado ano, aínda que anticipou un aumento importante no número de entrevistas e contactos cos touroperadores que tomarán partido nesta décimo sexta edición da feira turística.

Convenios e novidades

Ferpalia firmou un convenio de colaboración coa Asociación de Cámaras de Comercio de los Caminos Jacobeos, integrada por 31 institucións camerais de España, Suiza, Alemania e Portugal.

Esta asociación vincúlase a Ferpalia aportando un calendario de actividades que inclúen bolsas e premios de investigacións para indagar nas posibilidades do camiño de Santiago, sobre todo naquelas que todavía non están explotadas.

Dentro da programación da feira destaca a celebración dunha xornada técnica sobre Mercado de reuniones, alternativas a la estacionalidad, que contará coa presenza de Chon Durán, presidenta dos organizadores profesionais de Congresos. A xornada tamén incluirá unha mesa redonda na que participarán autoridades políticas da nosa comunidade e outros representantes.