Aconservación e recuperación do noso patrimonio arqueolóxico e cultural, constitúe unha obriga moral e legal; a preservación dese legado -que non nos pertence- e a súa transmisión ás xeracións
vindeiras. Pero dende hai anos se ven demostrando que, ademais, a inversión en cultura e dentro dela en patrimonio cultural, xera riqueza económica e social. Neste segundo caso a través da potenciación e mantemento da identidade colectiva, a cohesión social e en xeral todos aqueles beneficios inherentes á riqueza cultural dun pobo. Son beneficios sen un retorno inmediato e tanxible, pero que se conseguirá a máis longo prazo e que por si sos xustificarían esta inversión.
En canto á riqueza económica, os datos son incontestables en canto á representación no PIB,
empregos e retorno económico, destacando en relación ao patrimonio os datos de turismo
cultural. Somos ricos en patrimonio, e este é un factor de desenvolvemento económico, pero é necesario facelo accesible e comprensible para integralo na oferta turística. Nestes tempos de crise, a actuación planificada en patrimonio cultural e os seus espazos de presentación, adaptada ao marco económico actual, non representa un gasto senón unha inversión de cara ao futuro.