A gran festa da cultura abre hoxe as súas portas

La Voz

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

Culturgal arranca no Pazo con oitenta expositores e un cento de actividades ata o domingo

30 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Cuturgal é a gran festa da cultura. Ao longo de tres días, desde hoxe ata o domingo, a Feira das Industrias Culturais enche o Pazo da Cultura de creatividade galega, con máis de 120 actividades e 80 espazos expositivos de produtores e creadores, empresas distribuidoras e outras entidades públicas e privadas. Música, arte, literatura, teatro, cine, arte contemporánea... Unha ampla oferta dirixida tanto aos profesionais como ao público en xeral de todas as idades.

A arte contemporánea segue a ganar protagonismo nesta décimo primeira edición da Culturgal cun amplo programa de presentacións, obradoiros e accións en directo. O Museo de Pontevedra, O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a Bienal de Arte de Cerveira e, xunto a eles, una variedade de galerías e proxectos artísticos, a maioría liderados por mulleres pasarán polo Espazo Arte: Sala Apo’strophe, Os Catro Gatos Alberto Pena, Basilisa Fiestras, La Casa Taller, Patricia Forno, Nove Noel, Manolo Ebra, Colectivo LAG, Carmen Domínguez, Reme Remedios, Nemonon e Kike Ortega.

Banda sonora

A banda sonora de Culturgal é de estilos moi diferentes. A feira acollerá lanzamentos de moitos traballos discográficos: Barahúnda, Pablo Castaño Quartet, Mielitza, Nao, Factoría de Subsistencia, Pablo Sanmamed, Vudú e Brais Morán, entre outros. Canción de autor, jazz, folk, rock-metal, música tradicional, poesía musical e ata os novísimos valores do concurso

Quero cantar

, promovido pola Deputación e A Coruña, encherán a carpa dos sons de Culturgal.

O reino do libro

O libro é un dos reis desta feira e nela estarán Manolo Rivas e o seu

Vivir sen permiso e outras historias de Oeste

, Ledicia Costas, Pedro Feijoo, Eli Ríos, María Reimóndez, Xose Duncam, Francisco Castro, Yolanda Castaño, Manuel Esteban o Iolanda Zúñiga.

Serán tamén días de lanzamento dos premios do ano: Os Xerais con Enma Pedreira, Héctor Cajaraville e Carlos Negro; o Repsol con Antón Lopo e o García Barros con Ana Cabaleiro; os premios Torrente Ballester e Raiña Lupa promovidos pola Deputación da Coruña, os premios Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade e Meiga Moira con Baía Edicións, ou o Primeiro Premio María Victoría Moreno de literatura xuvenil promovido por Urco.

Culturgal é tamén un cine. Curtas para público infantil e familiar, dúas das longas con máis percorrido do cinema galego dos últimos tempos, videopoesía e dous documentais: un ao redor do wolframio e outro ao redor das mulleres do téxtil.

Espectáculos especiais

E por suposto, Culturgal é tamén un gran teatro que entre outras novidades, acollerá este venres, a las 21.30, no Auditorio do Pazo, a preestrea de

Sofía e as Postsocráticas

, de Inversa Teatro. Este será o primeiro dos catro espectáculos especiais que se poderán ver na feira. O sábado será a quenda de Carlos Núñez coa súa xira A Irmandade dos celtas. E o domingo, tamén no auditorio do Pazo, dúas propostas para o público familiar: O Viravai con P

aio e o poder da música

e Xoán Curiel e a Banda do Verán con

A Casa do Terror.

A partir de hoxe, hai tres días por diante para consumir todo o que está se está a facer na industria cultural galega.