
O Concello inaugurou o venres o prorgrama «A memoria do noso»
04 abr 2022 . Actualizado a las 10:58 h.Este venres arrancou no Casal de Ferreirós de Poio cun faladoiro, no que participaron Esther F. Carrodeaugas e Xurxo Souto en torno á música represaliada e a memoria histórica no mundo do teatro, a programación de A memoria do noso. Esta iniciativa, vencellada a Verbas en Flor, busca «reivindicar, dar visibilidade e poñer en valor o papel que tivo a cultura, nas súas diferentes formas, á hora de manter viva a tradición e a historia do noso país, especialmente despois do estalido da Guerra Civil», en palabras da concelleira de Memoria Histórica, Marga Caldas.
As actividades terán continuidade o vindeiro luns coa exposición Acorda, cartografía musical da Memoria Histórica de Pontevedra con «imaxes e información vencellada á gravación e rodaxe do documental Acorda», que se proxectara o 7 de abril coa presentación de Montse Fajardo.
A memoria do noso terá como punto final «unha contada a cargo de Vero Rilo», quen baixo o título de Re a (Mar) exporá un relato no que se recollen «historias reais acontecidas no mes de xullo de 1936, cando comezou a Guerra Civil, e tamén fai referencia á represión e á resistencia contra o movemento franquista».