Os empresarios galegos premiarán na illa da Toxa a Roberto Tojeiro e a Lino de Prado

La Voz O GROVE / LA VOZ

PONTEVEDRA

MONICA FERREIROS

O encontro internacional desenvolverase o xoves, no Gran Hotel La Toja, baixo a presidencia de Alfonso Rueda

25 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O pavillón de congresos da Toxa acollerá o xoves o octavo Encontro Internacional de Empresarios Galegos. Organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, o evento arrancará cara ás dez da mañá, co respaldo da Xunta e de Abanca, a participación de compañías coma Renfe e Telefónica, e o patrocinio de Deloitte, Estrella Galicia, Pescanova e a entidade financeira galega

Como en cada edición, o encontro concluirá cunha cea de gala no Gran Hotel La Toja, que presidirá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. A ocasión servirá para que Roberto Tojeiro Rodríguez, presidente do grupo Gadisa, e Lino de Prado, expresidente do consello de administración Inditex México, recollan os premios ao mellor empresario galego en Galicia e ao mellor empresario galego no estranxeiro, respectivamente.