Domingos García analiza os populismos na Casa das Campás de Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

ATENEO DE PONTEVEDRA

O doutor en filosofía recoñece que «populismo é unha palabra difícil de delimitar»

21 may 2024 . Actualizado a las 09:32 h.

A partires das 19.30 horas deste martes, o doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes abordará o relatorio Os populismos a exame na sala de conferencias da Casa das Campás. O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, esta conferencia na que o relator asume que «populismo é unha palabra difícil de delimitar e, mesmo con demasiada frecuencia, mudase en descualificación política ateigada de descoñecemento dun fenómeno complexo, poliédrico e de carácter global».

Por iso, Domingos García pregúntase se «seria clarificador facer unha división entre populismos rexeneradores e democratizadores (que comprenderían o pobo excluído) fronte aos enfraquecedores da democracia (excluíntes, xenófobos e racistas)».