O acto desenvolverase na Casa Museo de Colón en Poio
09 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Ás 13 horas, e coa asistencia do alcalde Ángel Moldes, a Asociación Galicia Histórica e a Casa Museo de Colón de Poio celebran a sexta Xuntanza Coloniana, acto que inclúe a distinción de Margarita Rodríguez Otero como Coloniana de Honra 2024. Deste xeito, a monfortina convertese na primeira muller en recibir este galardón tras Alfonso Philippot, Enrique Barreiro, Roberto Taboada, Fernández Albor e Xosé Espiño Matos.
Rodríguez Otero e unha apaixonada da investigación histórica, á que adicou moitas horas en diferentes arquivos e, desde a súa xubilación, de xeito aínda máis activo. Publicou Os Documentos Fonterosa e El secreto del Almirante, novelas históricas baseadas na tese da orixe galega de Cristóbal Colón.
Tras a entrega da distinción, desenvolverase unha comida en Casa Laura, en Campelo.