
01 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
O Centro Cultural Antonio Fraguas, en Cerdedo-Cotobade, acolle esta tarde (18.30 h.) a proxección do filme Salta!, dirixido por Olga Osorio. Esta exhibición cinematográfica enmarcase no Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra. Esta cinta obtivo nove candidaturas aos Premios Mestre Mateo.