
15 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Ao longo desta xornada de domingo, desenvolveranse outras citas de interese na comarca de Pontevedra.

A Lama
Centenario
11 horas • Salón de plenos • O Concello da Lama conmemora o centenario do seu consistorio coa imposición de insignias aos membros das corporacións democráticas e cunha conferencia do historiador José Benito García.

Cerdedo-Cotobade
Simposio
11.30 horas • Centro Cultural Antonio Fraguas • Simposio sobre Nélida Piñón organizado pola Deputación de Pontevedra.

Cerdedo-Cotobade
«A viaxe de Lucy»
18.30 horas • Casa do Pobo de Corredoira • Dentro do Ciclo Mestre Mateo, proxección de A viaxe de Lucy, de Ruth Chao.