Sete artistas pintarán de xeito sincronizado nas sedes de Afundación

PONTEVEDRA

AFUNDACIÓN

04 ene 2025 . Actualizado a las 13:43 h.

Siro, Flavita Banana, Nana, Iria Fafián... E así ata sete recoñecidos ilustradores participarán este xoves nunha nova experiencia colectiva no marco da exposición Simultánea, mostra que se realiza ao mesmo tempo nas sete salas de Afundación das sete cidades galegas nas que se pode visitar o proxecto.

Nesta ocasión, o público poderá ver en directo, a partires das 18.30 horas, como se inspiran, crean e reinterpretan algunha das obras pertencentes á Colección de Arte Afundación. Entre os artistas que participan «atópanse perfís moi diferentes, con estilos, linguaxes e soportes diversos que constatan a riqueza da ilustración», de tal xeito que, xunto a humoristas gráficos como Flavita Banana, Siro ou Luis Davila, amosarán a súa arte outros cunha dilatada carreira como muralistas de gran formato, caso de Nana ou Iria Fafián, ou mesmo ilustradoras que experimentan coa cerámica e outros materiais, como Abi Castillo, que ten previsto estar no Café Moderno de Pontevedra.

Nesta actividade, tamén participará en Ourense, David Rubín, «un nome imprescindible para entender e estudar a banda deseñada de superheroes e aventuras».

9 de xaneiro • Dende as 18.30 horas • Entrada de balde • Café Moderno de Pontevedra •