![](https://img.lavdg.com/sc/GrOxaeJrk02-zocFlFay7Z3olNo=/480x/2025/01/24/00121737735242292854112/Foto/B_20240214_220016007.jpg)
25 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Coma na illa en ninkún lado é o título da charla-coloquio que o José Manuel Dopazo Entenza impartirá este sábado (12 horas) sobre o Entroido de Ons na sala multiusos do Centro Social do Mar. O acto, organizado polo Concello de Bueu e a Asociación de Veciños e Amigos da Illa de Ons, busca afondar no coñecemento no Entroido da illa e forma parte dun proxecto maior de recuperación da tradición.