A viaxe inmersiva na que «nada es lo que parece»

P. F. GÓMEZ PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

PEDRO DABOUZA

A xira comezará en Pontevedra o 15 de novembro

25 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A compañía artística pontevedresa Pablo Méndez Performance presentó onte o seu novo espectáculo inmersivo chamado Nymeria. «Cuando el público llegue al teatro no encontrará solo butacas y escenario, encontrará un teletransbordador espacial», anunciaba o director da compañía, á que lle pon nome, Pablo Méndez. Así, explica que os asistentes á xira estarán nas mans da súa «tripulación», composta por 11 artistas e 4 técnicos, ó longo dunha viaxe que «nos llevará a un mundo donde nada es lo que parece».

Tras 25 anos de experiencia sobre o escenario, a compañía presenta este show coa convición de «ofrecer ocio de calidad y estar a la altura de los grandes creadores de espectáculos». Así, dando «un paso gigantesco», esta será a primeira xira que promova a propia compañía.

Laura Chica, artista multidisciplinar, é a codirectora do show. Ademais, tamén é a responsable da seleción do elenco, a creación das coreografías e e idea orixinal. A parte técnica neste espectáculo ten unha importancia engadida, pois para poder construir ese «universo visual único e inmersivo», resulta imprescindible contar con toda unha serie de novas tecnoloxías e efectos 3D. Para esta labor contan coa asesoría de Global Setup e Guava.

A xira comezará en Pontevedra o 15 de novembro e estará en marcha ata finais de febreiro de 2026. Durante esos meses visitarán cidades como Burgos, Vigo ou Lugo. As entradas saen á venta en setembro.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, acudiu ó acto de presentación e aproveitou para recoñecer o traballo dunha compañía que «espero que vaia chegar todavía máis lonxe». Tamén recordou que estarán actuando na Feira Franca de Pontevedra o 5 de setembro.