
Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, destacou que «nas Rías Baixas somos potencia en moitos eidos, pero unha indiscutible é a gastronomía»
22 oct 2025 . Actualizado a las 15:54 h.Convencido das achegas coas que as feiras poden contribuir á estratexia impulsada pola Deputación de Pontevedra para desestacionalizar o turismo no destino Rías Baixas, o presidente provincial Luis López mantivo este mércores un encontro con produtores chegados de distintos puntos do territorio que participarán na vindeira edición de Etiqueta Negra. Neste acto, o dirixente puxo en valor a súa capacidade de emprendemento e innovación, así como a aposta polos produtos locais que contribúen ao crecemento económico, turístico e comercial da provincia.

«Nas Rías Baixas somos potencia en moitos eidos, pero unha indiscutible é a gastronomía»,remarcou en relación a unha cita que se desenvolverá do 8 ao 10 de novembro no recinto feiral baixo o lema Innovación inspiradora. Etiqueta Negra conta por primeira vez este ano co patrocinio da Deputación, que inclúe a organización dunha demostración de cociña, así como o mantemento dun stand propio para dar a coñecer a marca Té Areeiro.