Augas de Galicia responsabiliza a Cambados e á Arousa dos seus problemas de saneamento
PONTEVEDRA
Responde ás acusacións vertidas nos últimos días por parte de Samuel Lago e Manuel Suárez, acusando ao ente autonómico de diferentes eivas nos seus respectivos municipios
17 nov 2025 . Actualizado a las 13:56 h.As palabras do rexedor cambadés Samuel Lago nas que responsabilizaba hai uns días a Augas de Galicia do retraso das obras de saneamento nunha rúa do municipio do Salnés suscitaron molestias dentro do ente autonómico, que lembran ao socialista que estas actuacións son «un apoyo que se brinda al ayuntamiento, dado que la competencia es municipal». Un apoio, ademais, que cualifican de «millonario».
Explican, dende a entidade, que as obras que se están a realizar na cambadesa avenida de Galicia supoñen a conexión á rede xeneral, un obxectivo «que debería haber acometido el ayuntamiento, que es quien conoce de primera mano sus condicionantes». Acusan ao Concello de intentar provocar «una guerra política» e rematan lamentando que os incumprimentos do cuatripartito obriguen aos galegos a inverter nun proxecto que corresponde exclusivamente a Cambados.
A depuradora da Illa
O ente autonómico aproveitou tamén para responder ás declaración emitidas polo tenente de alcalde da Illa, o nacionalista Manuel Suárez, nas que reprochaba o escaso apoio brindado pola Xunta na construción da nova depuradora da localidade.
Augas de Galicia apunta a redución nos últimos anos nun 35 % dos fondos europeos destinados a proxectos municipais como causa pola cal non poden inverter nesta infraestrutura as cantidades que si achegaron para as depuradoras de Cambados ou Vilagarcía.