Presentaciones literarias de Aaron Franco e Luís Davila en Bueu

Alfredo López Penide
López Penide BUEU / LA VOZ

BUEU

Martina Miser

11 dic 2024 . Actualizado a las 17:03 h.

Sen saír do Concello de Bueu, a Libraría Miranda organiza estes días dous actos literarios. Así, por un lado, o venres, ás 19 horas, Aaron Franco presentará o seu libro Punto e coma nas instalacións da Biblioteca Torrente Ballester. Ademais do propio autor, intervirán Fernández Carballo e Elena Lameiro.

Pola súa banda, xa o sábado, a propia libraría acollerá un acto de sinaturas de libros de O Bichero, a cargo do seu autor, o artista e humorista buenense Luís Davila. A sesión terá lugar a partir das 11 horas.