Santomé de Piñeiro, en Marín, rende tributo á mazá e á sidra

Alfredo López Penide
L. Penide MARÍN / LA VOZ

MARÍN

CONCELLO DE MARÍN

05 oct 2024 . Actualizado a las 18:09 h.

Santomé de Piñeiro, no Concello de Marín, acolle esta fin de semana a Festa da Mazá e da Sidra, de tal xeito que, despois da xornada de onte, este sábado as actividades comezarán ás 10 horas coa apertura dos postos de venda de sidra, mazás, artesanía..., mentres que ás 12 desenvolverase unha Xuntanza de Motos Clásicas e ás 15 horas poderá visitarse a exposición de maquinaria agrícola, a cargo de Toedo.

Xa en horario de tarde, dende ás 16 h. poderá gozarse con colchonetas inchables, e unha hora máis tarde, de novo, Xuntanza Moteira. E dende as 20 horas ofrecerase chocolatada de balde a todos os asistentes, un prolegómeno da verbena nocturna que, a partires das 22 horas, amenizará a orquestra Tattoo e despois o DJ Josinho.

Pola súa banda, o domingo, ás 11 horas haberá Ruta Cabalar, mentres que a sesión vermouth estará amenizada pola Charanga Charandonga para despois iniciar o pregón a cargo do artista Antón Sobral. Posteriormente, dende as 17 horas, gincanas, carreira de ponis e burros, concurso de postres caseiros de mazá e, xa pola noite, verbena amenizada polo Dúo Explosión.

Está previsto que se repartan cerca de 4.000 quiños de mazás e 2.000 litros de sidra.