O alumnado asistiu a proxección de «Chicas Nuevas 24 horas» e a unha exposición
19 dic 2023 . Actualizado a las 16:57 h.A longo da mañá deste martes, o alumnado do IES de Poio tivo ocasión de visionar o documental Chicas Nuevas 24 horas, audiovisual co que Mabel Lozano denuncia o negocio que xera a explotación de mulleres e nenas. A proxección deste traballo documental complementase cunha exposición centrada no mesmo, actividades que se integran dentro da programación impulsada dende o concello, coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e da Fegamp, para conmemorar o 25N.
Deste xeito, os alumnos tiveron ocasión de coñecer testemuñas de mulleres e nenas de España, Arxentina, Perú, Colombia ou Paraguai afectadas por esta lacra. Chicas Nuevas 24 horas esta producido e guionizado por Mabel Lozano, «cineasta comprometida co mundo da muller e os dereitos humanos, que ten abordado a denuncia da explotación sexual e a violencia contra a muller en longametraxes e curtas ao longo da súa filmografía», destacaron dende o Concello de Poio.
Así, aludiron a que Biografía del cadáver de una mujer recibiu o Premio Goya á mellor curtametraxe documental.