Poio ensalza ao navegante máis universal, Cristóbal Colón

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

POIO

Ramón Leiro

As actividades deste sábado arrancan ás 11 da mañá

11 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Coa apertura onte do mercado artesanal, a arribada da nao Santa María e o pregón de Ramón Pedras, Petete, arrancou este venres en Combarro unha nova edición do Día de Colón, a festa coa que se reivindica a orixe galega dun dos navegantes máis universais de todos os tempos.

Ramón Leiro

Este sábado é o día grande destas celebracións e, como tal, dende as 11 horas estará aberto na praza de Chousa o merado artesanal, onde se desenvolverán obradoiros, mentres que ás 11.30 horas dará inicio as festas dos meniños. Outros dos eventos máis salientables desta xornada é a exhibición de esgrima antiga e o obradoiro de tiro con arco, ambos ás 12 horas. A mesma hora, Carlos de Vilanova e Ángel Carracelas disertarán sobre La clave y la huella de Colón.

Xa pola tarde, nova sesión do obradoiro de tiro con arco (16 h.), a tradicional xusta medieval (18 h.) ou a Noite de Lume e Trevóns a cargo da batucada Os Queimatasas, acompañados por malabaristas e un gran dragón.