![](https://img.lavdg.com/sc/Ha6O9MtLviWtl7IqlqrJfyy9VLY=/480x/2024/11/13/00121731511202410757113/Foto/P_20241113_152135000.jpg)
As tres bandas participantes no proxecto gravaran un videoclip e ofrecerán un concerto en directo
13 nov 2024 . Actualizado a las 16:23 h.O programa Poio Sesións prosigue a súa andaina coas tres bandas participantes. Deste xeito e segundo confirmaron dende o Concello de Pontevedra, «si a pasada fin de semana recibiron asesoramento musical e lingüístico da man do produtor Juan Pérez, este venres e sábado será a quenda da gravación e edición de son co técnico Juan Mariño no Centro Cultural Xaime Illa».
![](https://img.lavdg.com/sc/UICzPar0vDe9SMd-8nOmXZM3FnY=/480x/2024/11/13/00121731511082214331738/Foto/P_20241113_154434000.jpg)
Trátase dunha serie de actuacións formativas nas que as tres agrupacións reciben «todo tipo de ensinanzas, consellos e visión sobre as súas composicións, as melodías ou os propios arranxos para gravar as súas maquetas en formato Mp3». A finais de novembro, está prevista a gravación dun videoclip en diferentes lugares emblemáticos de Poio, e por último, un concerto en directo en decembro .
Nesta primeira edición de Poio Sesións participan tres bandas de música rock, música folk e urbana, cuxos integrantes están recibindo asesoramento e formación gratuíta da man de profesionais. Todos eles son veciños de Poio ao igual que os tres profesionais que participan no asesoramento musical, de son e audiovisual.
![](https://img.lavdg.com/sc/8wLtlW5xdSLE4-np6LkUsOycplg=/480x/2024/11/13/00121731511202713972679/Foto/P_20241113_152142000.jpg)
Deste xeito, Poio Sesións é a nova aposta do Concello para apoiar a creación musical emerxente no municipio, unha iniciativa que permite acelerar proxectos e amplificar xéneros en galego entre bandas de persoas mozas non profesionais.