![](https://img.lavdg.com/sc/QRqImNXno52_xoIqCQ8qViQrepQ=/480x/2024/11/29/00121732895161781556904/Foto/P_20241129_164303000.jpg)
30 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Cando aínda resta case que un mes para o 25 de decembro, o Nadal xa se respira nos concellos de Caldas, Sanxenxo e Poio. De feito, este último concello programou este sábado, a partires das 18.30 horas, unha festa amenizada por D Due-Eventos na Praza do Mosteiro na que se procederá ao prendido do alumeado de Nadal, ao tempo que se presentará o espectáculo Bulelandía.
En Caldas a festa dará inicio ás 19 horas coa electrocharanga Mecánica Rolling Band de Negreira. «Haberá música, sorpresas e incluso conta atrás e pulsador para acender o alumeado», sinalaron dende o Concello.
E en Vilalonga, Sanxenxo, inaugurouse este venres a súa Aldea Navideña.