O Son da Gaita reúne en Poio aos principais interpretes deste instrumento

POIO

CONCELLO DE POIO

26 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa Rosada de Poio acolle, dende as 10.30 horas, a sexta edición de O Son da Gaita, que organiza a Asociación Cultural Pai da Cana e que reunirá «a algúns dos principais gaiteiros das catro provincias galegas, que achegarán os seus diferentes estilos e linguaxes interpretativas». Deste xeito, crearase un espazo para a posta en valor da gaita galega, dos seus intérpretes e da música tradicional.

A programación estrutúrase en catro bloques que combinan actuacións, presentacións e encontros. A xornada abrirase cos grupos Noitarega, Gaiteiros das Rías Baixas e Gaiteiros de Eidos. Posteriormente, presentaranse publicacións, como a colección Chave Mestra, da Central Folque, ou o Método de Tambor Galego, de Andrés Vilán.

Ademais, intervirán artesáns, caso de Álvaro Seivane, do Obradoiro de Gaitas Seivane, ou Xoán Manuel Tubío, de Xaneco Obradoiro de Instrumentos Tradicionais, así como solistas, como Suso Vaamonde, Brais Monxardín ou Isidro Vidal. A xornada rematará cun xantar-foliada no restaurante Casa Laura.