«Caixas de ilusión», a campaña solidaria de Poio

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

POIO

POIO COLABORA

26 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Moura Teatro e Batucada Os Queimatasas, un ano máis, únense para poñer en marcha a campaña solidaria Caixas da Ilusión, iniciativa que quere «levar esperanza, apoio e sorrisos ás familias que máis o precisan» de Poio. Deste xeito, ata o 15 de decembro, diferentes locais colaboradores de todo o concello acollerán estas caixas de ilusión: puntos onde a veciñanza poderá depositar alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene ou calquera achega que axude a que este Nadal sexa un pouco mellor para todos.

«Cada paquete depositado nas caixas é unha mensaxe de apoio, un recordo de que Poio é unha comunidade solidaria, viva e comprometida», precisaron dende o Concello. Todo o recadado será entregado aos Servizos Sociais.