29 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
A partires das 11 desta mañá, Vilaboa acollerá a Festa da Bicicleta da man do clube ciclista Val do Ulló e coa colaboración do Concello e da Deputación de Pontevedra. A cita é no entorno das Salinas e os inscritos recorrerán «un circuíto sinxelo e doada para participantes de todas as idades xa que o obxectivo é a promoción da bicicleta como medio de transporte sostible cunha actividade lúdica da que gozar en familia».
En todo caso, dende a organización recordaron que é «obrigatorio o uso do casco e que nenas e nenos menores terán que estar acompañados por unha persoa adulta que xestione a inscrición cando cheguen, sempre antes das 11 da mañá».