Que marabilla de sitio, non contaba con atoparmos con semellante beleza. Cando chegamos, comezaba a escurecer e sorprendeunos descubrir o tranquilo e iluminado que xa estaba toda a vila. Que doado foi encontrar onde pasar a noite!
Mira, amor, que fermosas as vistas que temos, con esas esveltas esculturas alumeadas de xeito tan sutil. Non che gustan as plantas e flores de aí diante tan ben coidadas e cheas de colorido? Que bonitas! E como deben recender. Non dis nada, meu ceo? Oxalá puidesen velas os que quedaron alá. Pero... Non, por favor!
Xa sei que non me escoita vostede e que cada vez vai más frío, pero non peche aínda as contras das fiestras! Si, miña muller e mais eu tamén o notamos tombados baixo o soportal de en fronte do seu cuarto.
Jesús Garabato Rodríguez. 59 anos. A Coruña.