A carreira

Daniel Granell

RELATOS DE VERÁN

05 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Uxío e Xabier eran dous amigos que fai moitos anos fixeron unha carreira de moitos quilómetros na que fixo calor, frío, choiva, sol e vento. Uxío saíu como un foguete, sen mirar atrás e cun obxectivo, poñerse nos primeiros postos, algo que conseguiu, pois, en pouco tempo, competía cos rivais mais adiantados. Xabier comezou a outro ritmo, desfrutaba da paisaxe, do tempo, da natureza e mantiña conversas animadas con outros corredores. A metade do camiño Uxío que aspiraba a gañar empezou a sentir que as pernas lle fraqueaban. A familia e os amigos lle berraban que baixara o ritmo, pero el non escoitaba, non facía caso a ninguén e para non perder súa posición fixo trampas collendo un atallo, pero collérono e foi amoestado por elo. Xabier perdeu tempo axudando a unha compañeira lesionada. Despois o público levouno en volantas ata recuperar varios postos. Era un dos favoritos da xente que animábanlle e dábanlle forzas a seguir ascendendo posicións. Xa rematando moitos mozos pasaban a un Uxío lesionado e ignorado que cheo de rabia non puido evitar comezar a chorar. Xabier non gañou, pero quedou nunha boa posición e ademais coñeceu a moita xente e foi capaz de sobrepoñerse as dificultades actuando sempre con optimismo. Ambos xa estaban xubilados e falaban da carreira. Uxío recoñecía que si puidera volver a facela sería doutra maneira. Cego de ambición quixo ser o mellor e non deuse conta de todo o que tiña o seu arredor. Agora xa vello e con pouco futuro lembrábase arrepentido do pasado. Xabier era o contrario. Sentíase orgulloso e recoñecido, a carreira non era unha calquera, era a carreira dunha longa vida na que non existía volta atrás. Dous amigos, dúas formas diferentes de entender nosa existencia nun mundo que poder ser marabilloso o cruel.