
O encontro informático máis importante de Galicia arranca o venres cunha edición centrada nas posibilidades de emprego do sector TIC
02 may 2012 . Actualizado a las 20:02 h.O venres arranca a decimoterceira edición de Xuvente Galicia Net, o macroencontro informático que se celebra no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago. Na cita poderán participar más de 1.000 mozos, aos que se sumarán os asistentes ás actividades de acceso libre que se desenvolverán durante toda a fin de semana.
Ao igual que o ano pasado a prioridade desta «party» -a máis importante das que se celebran na comunidade- é a proposta formativa e a busca de emprego para os mozos e mozas que participen no evento. Por iso, diversos profesionais do sector das novas tecnoloxías impartirán charlas e conferencias sobre as oportunidades que ofrece o sector TIC, así como participarán en diversos coloquios, obradoiros ou mesas redondas.
Na cita participarán más de 1.000 mozos
Xunto a esta temática, as outras áreas destacadas do evento serán as startup's (empresas emerxentes do mundo da tecnoloxía), o cibervoluntariado e a formación adicada aos pais.
Pero a pesar de que Xuventude Galicia Net achégase cada vez máis ao mundo da empresa, a cita non esquece o seu carácter lúdico e programa un amplo abano de actividades de informática e ocio. Dentro da propia party desenvolveranse competicións oficiais de videoxogos e de e-sports e se introducirá aos asistentes en diversas técnicas para poder modificar os seus ordenadores ou sacar o máximo rendemento posible a un sistema informático.
Fóra do Pazo de Congresos habilitarase a coñecida como «extranet», unha zona na que se programan diversas actividades complementarias, de acceso libre e que escapan ao propio ocio informático, como paintball, noites temáticas de cine ou cursos de defensa personal e esgrima antiga europea.