Patrocinado por:

Enerxía nas primeiras horas do Xuventude Galicia Net

La Voz SANTIAGO

OCIO@

Olalla Sánchez

Ás 18.00 horas xa chegaron ao Pazo de Congresos a maior parte dos 1.000 inscritos.

05 may 2012 . Actualizado a las 15:33 h.

Cunha sala central ateigada de participantes -aínda que os máis veteranos apuntan que notan unha menor afluencia de xente- e coas forzas aínda intactas, transcorren as primeiras horas da party galega. Ás 18.00 do serán aínda hai asistentes que están a chegar ao Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago, a pesar de que a meirande parte (en torno a 900 dos 1.000) dos inscritos xa tomaron posicións hai horas diante dos ordenadores.

Dende a organización aclárase que a xornada non tivo incidentes salientables, soamente unha caída no servidor pola mañá, situación -aclaran- xa solucionada.

Nesta primeira xornada o foco, tanto para os participantes coma para o público que accede libremente, céntrase nunha das conferencias que comeza ás 19.00 horas, a de Leopoldo Abadía, coñecido mediáticamente por predecir a crise antes que ninguén.

Outros dos puntos de intereses é o ciclo de cine sobre os zombies, que arranca ás 21.00 horas, e para o que os participantes xa se comezan a caracterizar na entrada do Pazo. As sesión de maquillaxe combínanse con diferentes competicións e actividades, como práctica de tiro ou futbolín.