
Despois dunha mañá de colas, os participantes na party galega xa toman posicións ao fronte dos ordenadores e nas distintas competicións
04 may 2012 . Actualizado a las 17:07 h.A choiva non deu tregua a Santiago durante toda a noite e parte da mañá, polo que os asistentes ao encontro galego de Xuventude Galicia Net tiveron que poñerse a cuberto mentres agardaban a que ás 10.00 horas a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, abrise de forma oficial as portas do recinto. Nese intre, e mentres a política popular comentaba con sorna como esa apertura de portas semellaba a das rebaixas, arrancaba a demimoterceira edición do encontro informático máis destacado de Galicia, que neste 2012 combina obxectivos lúdicos e formativos. A primeira hora, sen embargo, a maior parte dos asistentes soamente pensaban na intranet, onde poderán competir en distintas competicións en liña e de videoxogos.
Entre os participantes volven a repetirse as características de anos anteriores: a maior parte deles son mozos de 20 anos, ligados ao mundo da tecnoloxía (varios estudan informática en A Coruña) e con moita máis presenza masculina que feminina. A pesar de que o meirande número de asistentes son galegos tamén contouse xente doutras comunidades, como de Cataluña.
Nesta mañá, e mentres moitos asistentes aínda se inscribían no encontro, varios usuarios con algún tipo de discapacidade puideron achegarse un pouco máis a tecnoloxía en varios pecés instalados á entrada do recinto.
Pola tarde, e mentres cobra vida e gaña intensidade a zona do fondo (núcleo central da party), haberá un relatorio sobre Neuromarketing web e produciranse algunas das conferencias máis agardadas, entre elas, a de Leopoldo Abadía.