
A Xunta de Galicia xa implantou o dominio en toda a súa rede de Internet
16 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.O dominio .gal alcanzou este mes de maio os 2000 rexistros, unha boa nova que ven a afianzar a posición das páxinas galegas na inmensidade de internet. Ademáis, as cifras poden mellorar durante as próximas semanas, nas que os interesados poderán obter o seu .gal por un prezo de 20 a 25 euros, o que supón una rebaixa de máis dun 50 % do prezo orixinal.
«No marco da actual sociedade da información o que non está en internet non existe. A comunidade galega no mundo, con máis de 4 millóns de persoas, a nosa lingua e a nosa cultura precisan dunha marca propia coa que identificar todos os contidos que xeramos na rede e, así, facernos máis visibles dentro deste espazo de comunicación global», aseguran dende a asociación PuntoGal, onde ademáis recalcan que o .gal é o dominio que debe correspondernos como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos e sociais.
Dende a propia asociación defenden unha proposta técnicamente viable e económica, social, lingüística e culturalmente rendible. De feito, os últimos en sumarse á iniciativa .gal foron as administracións públicas galegas. A Xunta de Galicia aprobou no mes de maio o decreto que regula que a presenza da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia na internet será a partir de agora .gal.