«Analizo as pantasmas literarias de perda cultural»

c.p. santiago / la voz

SANTIAGO

09 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A escritora compostelá María do Cebreiro Rábade Villar presentou na Libraría Couceiro o seu último libro, que desta volta non é de poemas senón un conxunto de ensaios nos que a autora, e tamén profesora de Literatura, indaga, como ela mesmo explicou, «sobre o significado literario das pantasmas na poesía galega contemporánea dende Rosalía de Castro ate hoxe». Esta segunda obra ensaística de María do Cebreiro, Fogar impronunciable, (a primeira foi As terceiras mulleres), aborda «como a desaparición vai deixando pegada, como a perda ou a desaparición sempre deixa testemuña do pasado». Pero non é desaparición persoal e individual a que analiza, senón a colectiva, «a representación literaria das pantasmas como un síntoma de perda cultural, como é o caso, por exemplo, do mundo rural». Nestes ensaios, a autora analiza textos concretos de autores concretos.