As Xornadas de música contemporánea celebrarán a John Cage

Santiago / la Voz < / span>

SANTIAGO

17 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O centenario de John Cage será un dos argumentos das Xornadas de música contemporánea que desde o martes da semana próxima e ata final de mes terán lugar en Santiago de Compostela.

Cage será un dos argumentos, pero non o único. Ao longo das case dúas semanas nas que se celebrará este evento en distintos espazos da cidade haberá outros compositores que se dean cita nos distintos concertos. Nomes como Maurice Ravel, Bela Bartok, Claude Debussy, pero tamén Phillip Glass ou Inannis Xenakis. Quizais inusuais pero si contemporáneos tamén estarán presentes músicas de Bob Dylan e Siniestro Total, interpretadas polo Taller de Arte Atlántico Contemporáneo.

Os concertos comezarán o próximo martes en espazos como o Teatro Principal, o CGAC ou o Auditorio de Galicia. Ademais de agrupacións como a Real Filharmonía, Vertixe Sonora Ensemble, Elisa Vázquez Doval ou Barn Owl, tamén participará o grupo de danza contemporánea do Conservatorio profesional de danza de Lugo.

As entradas custarán tres euros, cun bono de 18 euros para os oito concertos e un abono de catro concertos a escoller cun prezo de 10 euros. As entradas poden comprarse no Teatro Principal.