Vegalsa-Eroski inicia en Santiago a homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán
SANTIAGO

Distribuirá 500 carteis e case millón e medio dunha edición especial de bolsas para divulgar a figura das Letras Galegas deste ano
11 may 2022 . Actualizado a las 12:16 h.Vegalsa-Eroski iniciou no seu centro da Sionlla, con presenza do director xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, e do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, unha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, a figura á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
A compañía galega de distribución alimentaria utilizará 500 carteis e case millón e medio dunha edición especial de bolsas de plástico e de papel nos seus 176 supermercados e hipermercados. Estes artigos foron deseñados polos alumnos de CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá de Ourense.
No acto tamén participaron o. director de liña de Negocio Eroski e Eroski Center, Florentino Vázquez; a directora de Relacións Institucionais de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, e o director de marketing de Vegalsa-Eroski, Julián Hernández.