O Consello da Cultura analiza o estado actual da arte en Galicia

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

O ciclo empeza este mércores pousando a ollada nos creadores

25 sep 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Desde as 17 horas • Consello da Cultura Galega (Tamén a través da web) • Coñecer o estado actual da arte en Galicia. Ese é o obxectivo do novo ciclo de xornadas que pon en marcha o Consello da Cultura Galega, «Arte en tempo real». A primeira das citas será esta tarde e comezará cunha revisión á situación dos artistas. Abrirá a participación o creador compostelán Suso Fandiño co relatorio «Tres estados para un acto de barbarie». Despois terá lugar un coloquio coa participación dos tamén artistas Mónica Alonso, Tono Carbajo e Digo Santomé no que abordarán os seus traballos e achegarán distintas olladas a temas comúns en todos eles. De coordinar encárgase Carmen Díaz Cacheda.