O Premio Antonio Fraguas distingue proxectos sobre o entroido e a pesca

La Voz

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

Os galardoados foron dous centros de Santiago, un da Estrada e outro de Burela

04 oct 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

A Fundación Antonio Fraguas Fraguas entregou os premios da décimo terceira edición do seu Proxecto Didáctico a representantes dos centros composteláns CEIP Lamas de Abade e Apóstolo Santiago e do estradense CEIP Pérez Viondi na categoría de ensino primario pola iniciativa «Viva o entroido vivo! Lingua, festa e comunidade»; e a integrantes do IES Monte Castelo (Burela), na categoría de ensino secundario pola proposta «A sustentabilidade das artes de pesca a través do proceso de encascado de redes: o caso de Burela».

O galardón está dotado con 7.000 euros en cada unha das seccións, dos que 4.000 se entregaron xa no momento da concesión para que os centros poidan desenvolver os proxectos ao longo deste curso académico. Despois, a inicio do seguinte exercicio expoñerase o resultado no Museo do Pobo. A presidenta da Fundación Antonio Fraguas, Concha Losada, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, resaltaron que a iniciativa que permite traballar durante todo o ano cos centros e que o alumnado leve o patrimonio cultural sempre con el.