Apertura de exposicións de Manuel Dávila e de Pablo Orza

La Voz

SANTIAGO

Pablo Orza nunha imaxe de arquivo
Pablo Orza nunha imaxe de arquivo Santi M. Amil

As mostras abrirán no Museo das Peregrinacións e na Fundación Granell

14 nov 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Santiago acollerá esta tarde a inauguración de dúas mostras. Ás 19 horas, abrirá no Museo das Peregrinacións «Manuel Dávila, a pegada do oficio na vida», que está organizada por Ourives de Compostela. A mostra recolle obra do prateiro.

Despois, ás 20 horas, na Fundación Granell inaugúrase «3 descensos GZ» de Pablo Orza, artista asentado en Boqueixón. Nela amosa a súa visión sobre Galicia. A actividade é produto dunha residencia artística.