O Museo do Pobo acolle unha exposición con 26 ilustracións do artista que foron feitas para acompañar un traballo manuscrito inédito de Antonio Fraguas
13 dic 2024 . Actualizado a las 04:55 h.«Os animais de Antonio Fraguas», a publicación na que se recuperaron unhas follas manuscritas de Antonio Fraguas que describían algunhas crenzas populares arredor de distintos animais, recala ata o día 11 de xaneiro no Museo do Pobo en forma de exposición.
As 26 ilustracións que fixo Miguelanxo Prado para a publicación e enriquecer o proxecto non rematado por Fraguas son as protagonistas na ala sur de Bonaval. Con anterioridade, estas obras orixinais xa se expuxeron no Centro Cultural Antonio Fraguas de Carballedo (Cerdedo-Cotobade). A mostra está organizada pola Fundación Antonio Fraguas e o Concello de Cerdedo-Cotobade con motivo do 25 aniversario da creación da institución do escritor, antropólogo e historiador.
Esta exposición poderá visitarse de martes a sábado en horario de 16 a 20 horas na ala sur de Bonaval.