O mellor cine infantil internacional recala no Gaiás con Pequefilmes

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Cedida

A novena edición do festival proxectará no vindeiro mes 70 películas dunha vintena de países

26 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

 O Gaiás converterase, un ano máis, nun escaparate do mellor cinema infantil internacional durante a celebración do festival Pequefilmes. A novena edición desta cita proxectará, entre o 14 e o 16 de febreiro, máis de 70 películas dunha vintena de países.

As sesións distribuiranse en tres salas do Edificio Cinc, en función das idades ás que van dirixidos os distintos montaxes: «Vagalumes», para nenos de 0 a 3 anos; «Miñocas», a partir dos 4 anos; e «Fanecas», de 7 anos en adiante. As entradas xa se poden adquirir de forma anticipada en Ataquilla e no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás, así como no propio Cinc o mesmo día das sesións.

Animación galega

No festival competirán este ano medio cento de filmes de 22 países. Entre elas, hai oito produccións españolas e dúas galegas («Eu vou comigo», que fala de cuestións como a igualdade e a violencia machista»; e «Aracne», filme que relata a emotiva busca do dunha nova amiga por parte dunha solitaria araña).

A maior parte das pezas poderán verse por primeira vez en Galicia, moitas premiadas en festivais internacionais.