Nando Figueiras: «Sen ser hostaleiro, saltei ao 'vacío' co bar Jocar, caín de pé e seguín con máis»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Desde el 2018, cuando desembarcó en el sector poniéndose al frente del local abierto en 1971 en la calle Montero Ríos, no dejó de crecer en Santiago. Ahora gestiona también el Hotel Real, en la rúa Caldeirería. «Dende neno xoguei ao fútbol e adestrei a moitos rapaces. Moitos veñen aos meus locais e iso axuda moito», agradece

30 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Se llama Fernando Figueiras, pero en Santiago muchos le conocen como Nando. «Así chámanme no bar, no Jocar. No mundo do fútbol son Cacho, porque en Carnota, onde nacín, son dos da casa de Cacho, que é meu avó», explica sonriendo el hostelero y admitiendo que pese a la querencia por sus raíces, él ya se instaló de niño en Compostela. «Cheguei aquí coa miña familia aos cinco anos. Agora teño 37 e hai só oito que virei cara a este sector. O meu caso non é o habitual...», repasa.

Tras pasar su infancia en el barrio de Vista Alegre y estudiar en el CEIP Raíña Fabiola y en IES Xelmírez I, se orientó a administración y finanzas, un ámbito que ejerció en firmas compostelanas. «Nese eido pesábame o salario… Un día, meu irmán, que si fora camareiro en, entre outros sitios, a cafetería Alba, soubo que o anterior dono do bar Jocar ía deixalo. Animoume a probar e axudoume no inicio. Eu dixen: "Por que non?"», reconoce con empuje. «Collín o Jocar no 2018 sen saber facer un café, pero este local xa me enganchou», subraya desde el bar de la rúa Montero Ríos que con sus tradicionales ventanales y su céntrica ubicación, cercana al campus sur, se convirtió durante décadas en un clásico estudiantil. «O primeiro dono, Daniel García, con quen puiden quedar, contoume que isto nacera como garaxe. Co tempo transformouno en bar, chamándoo Jocar polo seu fillo, José Carlos. Eu a todos os meus negocios mantívenlles sempre o nome. Este era así popular dende 1971», pone en valor y rescata vivencias. «Xente de 60 anos dime que viña aquí aos 20 a xogar ás cartas. Moitos tamén lembran que quedaban coa moza no Jocar, na parte que tiña atrás, de sofás e asentos baixos», continúa. «Tiven sorte porque cheguei aquí no 2018, un ano espectacular, coma o seguinte. Seguín co sistema de tapas gratuítas que había nel, podendo os clientes elixir entre 7 ou 8. Xa no inicio, a xente do fútbol encheu o local e iso axudou moito», apunta.

PACO RODRÍGUEZ

«Son futboleiro. Dende neno xoguei como amateur en equipos como o Conxo e agora sigo no Villestro... Durante anos adestrei a rapaces. Tiven a xente que chegou a Primeira división, como Fran Vieites, no Betis, e outros moitos aínda en activo, no Estradense ou no Compos... E veñen ao Jocar», prosigue. «Sei que os mozos me teñen cariño, e iso que son estrito e digo o que penso», afirma, y vuelve al local. «Coa fidelidade da clientela, que non falla, o bar foi arriba. Os donos do local portáronse ademais moi ben durante o covid... Sen ser hostaleiro, saltei ao ‘vacío' co Jocar, pero caín de pé, e iso animoume a seguir con máis», señala.

«Un ano e medio despois, a finais do 2019, collín o traspaso do Café L'Incontro, na rúa Nova de Abaixo, pero nese caso a pandemia e o feito de non poder estar case coa miña filla, aínda pequeniña, levoume a deixalo no 2023», explica. «Mais, como me din na casa, son unha persoa que necesita estar sempre con moitas cousas», refrenda risueño. «Eu sempre paraba nunha cafetería da Caldeirería, a Blu Café, que me gustaba, tamén co seu patio interior, silencioso e case descoñecido, que permite escapar do bulicio estival... Dende a pandemia, vía o bar pechado, así como o hotel ao que pertencía. Un día entereime que as donas do local vivían cerca do Jocar e alá fun. Alugáronmos e, de novo, tirei para adiante, como co Jocar, mantendo tamén o nome», puntualiza. «Collín o Hotel Real o 27 de xuño do 2024 e, xa en xullo, fun abrindo habitacións a medida que as preparaba. Eses días lembro de nin poder pasar por casa...», afirma. «Aínda sigo con reformas, e agora estou intentando buscar a quen fixo a pintura de As Marías, situada na entrada do almacén, para restaurala. Encántame e non imaxinas canta xente as fotografía a diario!», subraya. «Gústame tamén esa hostalaría, máis calmada, sen tanto horario. Aínda así, no Jocar quixen tamén que os camareiros librasen dous días e medio. É necesario... Agora neste eido é todo máis complicado», razona, aclarando aún así su felicidad por haber dado el salto al sector.

PACO RODRÍGUEZ

«Sobre todo pola clientela, á que ves a diario... Non esquezo ao señor Arturo, de 88 anos, finado hai pouco. Aínda que lle avisases que un domingo pechabas o Jocar pola tarde, viña, por se acaso. E teño aberto por el», acentúa.