
A publicación «Cantigueiro de Compostela» foi presentada onte no Museo do Pobo
25 jun 2025 . Actualizado a las 04:55 h.A publicación «Cantigueiro de Compostela» recompila cantigas vinculadas a Santiago escolmadas por Marcos Calveiro e Alba Gil Vicente. Trátase tanto de pezas recollidas no concello compostelá, especialmente no lugar de Folgoso e na parroquia de Santa María de Figueiras; como doutras composicións onde se menciona a cidade ou os seus mosteiros, así como as rúas máis senlleiras. As cantigas van acompañadas por imaxes do século XX de Santiago feitas por Ramón Sánchez Estalote.
Na presentación lo libro publicado polo Consorcio e a editorial Galaxia, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, destacou que nel se recolle «un tesouro de cantigas que se sentiron e seguirán sentido en Santiago».