Carlos Otero, de Meteogalicia: «A miña paixón polo tempo é contaxiosa, véxoo nos meus e tamén na rúa»

SANTIAGO
Su voz forma parte del día a día de Santiago, al avanzar desde hace años en los medios de comunicación la previsión del tiempo. El compostelano admite que por toda la ciudad le paran y le hacen preguntas. «Estando nunha piscina vin no radar que chegaba unha tormenta de unha escala maior. Díxenllo a miña irmá para irnos e, tras comentarllo ela a outra persoa, ao final a evacuamos», recuerda divertido
29 jun 2025 . Actualizado a las 08:13 h.Confirma que Galicia vivirá hasta el martes un episodio de muy altas temperaturas. «A partir de aí quedará protexida polo nordés», precisa el santiagués Carlos Otero, de 44 años, una de las voces de Meteogalicia que forman parte del día a día de la ciudad. Y es que son pocos los que no le habrán escuchado en los últimos años en alguna emisora de radio mientras avanza la previsión. «Lembro que cando cheguei a Meteogalicia, para integrarme no grupo de predición operativa, o de ter que comunicar era novo para min. Ao comezo levaba todo escrito, cun esquema...», evoca riendo. «Co tempo, e cos consellos dos compañeiros, solteime. Cada xornada atendemos 40 chamadas de medios e moitas de particulares. Hai quen necesita saber o tempo para o seu traballo, como os gandeiros, e ante o contacto diario, xa che falan con confianza. Outros, cando non lles gusta a previsión, parecen negociala —Dinche: "A ver, mírame ben de novo..."— ou buscar unha resposta —"Verdade que podo ir á praia?"— Toda esa parte tamén me gusta moito», enlaza. «O gusanillo pola meteoroloxía foime vindo... Logrei ademais poder quedar traballando en Santiago», acentúa.
Nacido en Pontepedriña, reconoce que siempre le atrajo la ciencia. «Tras estudar no colexio López Ferreiro e no instituto Xelmírez I, optei por Físicas, entrando nun grupo de investigación no que, partindo de modelos meteorolóxicos, faciamos estudos eólicos e realizamos un atlas eólico costeiro de Galicia de alta resolución. Desde a USC colaborei tamén nun proxecto cunha firma de Valencia que deseñaba barcos de competición e necesitaba predicións para os campos de regatas. Seguín logo con temas meteorolóxicos nunha empresa naval. Aínda así, foi ao entrar no 2018 en Meteogalicia, cando o eido xa me atrapou», apunta.

«Valoro do traballo aprender a diario, coas predicións, intentando sermos ambiciosos a nivel local. Tamén avanzando situacións meteorolóxicas de risco. Galicia, coa súa variabilidade climática, non dá descanso», encadena sonriendo. «En xaneiro, xogando ao fútbol cos amigos en Brión, un que traballa no polígono do Tambre chegou asustado por inundacións, con xente enriba dos capós dos coches, mentres que outro que viña de Milladoiro non vira a chuvia... Neses casos, localizados, o que se pode anunciar é que se dan condicións para treboadas...», razona, rescatando el fenómeno que en su etapa más le sorprendió. «En xullo de 2022, tras varios días a máis de 40 graos, produciuse en Galicia un Sistema Convectivo de Mesoescala, unha tormenta a unha escala maior, que non se reproducía nos modelos. Eu, ante tanta calor, estaba coa miña irmá nunha piscina. Ao ver no radar que se achegaba unha tormenta importante, díxenlle de irnos. Ela comentoullo a outra persoa e ao final evacuámola», rememora divertido, sin negar ser meteorólogo ya todo el día. «Isto engancha; estás traballando aquí, pero tamén fóra. Sobre todo cando se achega un fenómeno pouco frecuente, os compañeiros de Meteogalicia e eu nos pasamos todo o día mirando os modelos, atentos ao noso grupo de wasap, verificando se a situación se está cumplindo. Pero iso gústame; para min non é traballo», defiende con una pasión que admite «contaxiosa». «Véxoo na rúa, entre os coñecidos ou entre os que xa me sitúan en Meteogalicia a pesar de non saír eu tanto na tele. Por Santiago páranme moito para falar do tempo... Nótoo tamén entre os meus. Miña nai xa non me pide a previsión. Mira apps e dime qué vai pasar», señala.
«O outro día, estando no parque co neno, unha avoa preguntoume, mirando a aplicación de Meteogalicia, dúbidas sobre o índice de calidade do aire. Iso é motivador... Algo moi bo destes 25 anos de Meteogalicia foi compartir todos os datos xerados», destaca aludiendo también al aniversario del servicio, recién cumplido. «O tempo interesa sempre. Ademais de cando se suspenden as clases, é con trombas de auga, moita calor, ou mesmo trala dana de Valencia, cando a xente máis chama, preguntando tamén polo cambio climático... A temperatura en Galicia ascende 0,2 graos por década», prosigue.
«Gusta moito cando os martes soltamos un globo de helio para a observación meteorolóxica, procurando que coincida con visitas escolares á nosa sede de San Lázaro», comparte desde un barrio compostelano al que se sienten ligados. «Na Festa da Uña somos os preditores oficiais. Os venres os de Meteogalicia comemos xuntos nun dos seus bares máis populares, o Melide. Aí falamos de todo, e sempre do tempo...», asiente.