Todo lo que el público no ve en el Teatro Principal de Santiago

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO

Suso Amado, técnico de cultura del Concello, recorre y muestra, desde el fayado, las curiosidades de un edificio histórico, inaugurado en el año 1841 en la Rúa Nova, en pleno corazón del casco histórico. En la antigua casa del conserje nació el pianista Ángel Brage. «Non moitos coñecen a existencia dun patio traseiro», señala.

29 sep 2025 . Actualizado a las 08:11 h.

«Hai moitas cousas curiosas, descoñecidas ou que non se ven no Teatro Principal», constata Suso Amado, técnico de cultura del Concello de Santiago y responsable de mantenimiento del histórico edificio, mientras recorre las estancias de un inmueble modernizado —en el 2026 cumplirá 185 años— pero que, en esencia, mantiene la estructura inicial.

Obra del arquitecto Manuel Prado y Vallo, el teatro fue construido en 1841 en la Rúa Nova, en pleno casco antiguo compostelano. «Algo singular é que se inclúe de forma perfecta na trama urbana, non está exento, como lle ocorre a outros teatros da época, mantendo tamén o carácter sobrio das casas lindeiras. Sábese que en 1802 o Concello mercara a casa de comedias que había no lugar —espacios para funciones de compañías ambulantes— e que, quince anos despois, reedifícase alí un pequeno teatro á italiana. En 1841 inaugúrase xa o actual, co seu corpo central, escaleiras do público e corredores de acceso aos palcos rodeando unha gran sala», detalla Suso Amado. «A súa apertura estaba prevista para o verán, pero se precipita para usalo no entroido, datas na que se organizaban bailes durante días. O teatro era o salón nobre da nova burguesía», aclara.

Un salón al nivel del escenario

«É chamativo que nese momento o chan, onde hoxe está o patio de butacas, pero que naquel momento estaba libre, era móbil. Cun mecanismo elevábase desde o foxo e se igualaba en altura ao escenario. De aí os bailes ou as comidas que se facían... Hai unha foto dunha homenaxe ao político Montero Ríos con todo o mundo sentado... Iso mudou xa no século XX, na segunda etapa do teatro, cando se converte en cine, baixo a xestión do empresario Isaac Fraga, quen introduciu unha máquina de cinematógrafo. Nesa etapa é cando máis se transforma. O ambigú péchase ao público, compartimentándose en habitacións para o rebobinado. Neses anos incorporáronse tamén as butacas e, en 1922, os asentos fíxanse á platea», evoca. «Aínda así, a emisión dos primeiros filmes mudos comezara xa en 1909. O cine sonoro chegou a Santiago o 12 de abril de 1930 coa emisión neste teatro do filme El loco cantor», señala Suso Amado, y aclara que no se guardan rollos antiguos de películas.

Celebración en homenaje a Montero Ríos
Celebración en homenaje a Montero Ríos Cedida por el Teatro Principal

Fayado, con araña y cabezudos

El recorrido se detiene en la parte de arriba del teatro, en el fayado, un espacio abuhardillado cruzado por las vigas y cerchas de madera que sostienen la cubierta. «Esta é unha das zonas máis interesantes... A nivel arquitectónico apréciase como se sostén o edificio, cunha estrutura, como en forma de tesoiras, que, en vez de recoller o peso, tira do espazo cara arriba e soporta todo», admira, situándose a continuación junto a una cabina, o foso, circular —«cremos que orixinal»—, conocida también como linterna, desde cuyo interior, y como si fuese un pozo, se puede contemplar hacia abajo la araña, con todo el mecanismo de subida y bajada de esa lámpara. «Motorizouse hai aínda relativamente pouco», asiente. «Neste punto estamos enriba da sala, no medio. O público, se mira cara arriba, ve o teito furado polo óculo central polo que descende a lámpada», apunta, y pone el foco en un «enxeñoso sistema de ventilación», que aún hoy se conserva inalterado. «Para lograr a aireación da sala, o pozo conta cunhas tapadeiras abatibles polas que ascende o aire quente, saíndo logo ao exterior polas buhardillas laterais do tellado», continúa.

«Sábese que unha araña de cristal fora substituída ao introducirse a iluminación de gas e que foi a parar a unha igrexa de Bastavales», rescata entre anécdotas. «No faiado atopáronse moitos recordos, que almacenamos, como butacas de respaldo redondo. Había tamén traxes de entroido... Nel si aínda conservamos uns cabezudos, máis comerciais que os actuais, de figuras como as de Popeye ou o Lobo Feroz e que saían por Santiago hai anos, ata retirarse», muestra.

En el peine y la tramoya

Por la escalera de tramoya se encamina hacia unas zonas, elevadas, situadas alrededor del escenario y desde donde se manipulan unas varas de las que cuelgan las telas o la escenografía. «Sóbense e báixanse de forma equilibrada coa axuda duns pesos... É unha área técnica, e imprescindible. Horas antes de que empecen as funcións hai xente pendente da iluminación, do son... Aquí arriba, ao mesmo tempo, poden estar tres persoas», añade.

XOAN A. SOLER

«Algo no que non sempre se repara é na boísima acústica do teatro, cun deseño e uns materiais que evitan que haxa reverberacións. Desde o anfiteatro pódese escoitar a unha persoa que fala baixiño no escenario», realza.

«O peine é unha estrutura, máis elevada, sobre a que se pode andar e manexar con varas elementos escenográficos», refuerza. «Un dos panos que se ven é un cortalumes, instalado na decisiva reforma de 1986. Desde esta posición tamén se aprecia un dos sistemas contra incendios, cunha especie de bombilliña e unha cápsula de mercurio, que, ante un fogo, rebentaría, cun conduto de auga que empezaría a chorrear... Os lumes son o risco dos teatros. Aquí non tivemos», asiente. «Outro perigo, habitual en cascos históricos, son as ratas. Dicíase que no teatro vivía de forma permanente un gato», cita sonriendo, mientras se dirige hacia el ambigú, donde está una máquina de proyectar de 1943.

Sesiones continuas de cine

«Este era un dos espazos máis usados, tamén no inicio, cando nun día se podían representar varias obras seguidas. No século XIX as compañías traían varias funcións e representaban todas a distintas horas. Xa coma cine, houbo tamén sesións continuas. Vir ao teatro era case a única forma de ocio da cidade», remarca.

De un telón de fondo de 1905, firmado por muchas compañías, a un patio trasero

Telón de fondo visto desde el escenario, con la firma de muchas compañías
Telón de fondo visto desde el escenario, con la firma de muchas compañías XOAN A. SOLER

Subidos al escenario son varios los elementos que sorprenden. «No teatro mantense o gran pano de fondo de 1905 do pintor e escenógrafo Eugenio Villar Rodríguez —ao menos aquí, non se conservan outros anteriores, e tamén soberbios, como os de Camilo Díaz Baliño— e que, desde atrás, permite ler o nome de moitas das compañías que actuaron no teatro, sobre todo nos últimos anos... Esa é como unha tradición non escrita no mundo escénico, a de que, os grupos que queiran, poden reflectir nel o seu nome. No noso pano están inmortalizadas moitas das grandes compañías e actores galegos, como poden ser Chévere ou Luis Tosar. Aínda así, nunca fixemos o inventario de repasar quen escribira», comenta sonriendo Suso Amado, mientras invita a mirar por la mirilla, situada en ese telón de fondo. «A través dela os actores observan o patio de butacas», indica y reflexiona sobre los cambios. «Algo que sorprende, pero que na sociedade do século XIX era habitual, era a distribución por clases sociais. Os máis podentes tiñan ata palcos propios, practicamente como abonados. Nese momento fixérase mesmo unha escaleira de subida para os do galiñeiro, para que non se mesturaran. Todo iso mudou», prosigue, yendo hacia atrás.

Nos situamos entonces en la fachada posterior que cierra el escenario y que cuenta con distintos vanos o huecos. «O maior chama a atención, tamén pola súa curiosa forma. Posiblemente iso respondese á necesidade de introducir por el panos grandes ou outros elementos da tremoia», razona, mostrando también los seis camerinos. «Todos son da reforma dos 80. Só se usan catro porque os outros dous resérvanse como almacén. Nun hai material técnico e noutro gárdanse os cabezudos actuais, os que bailan nas festas, e tamén, atrezos desas maxestades que chegan a Santiago o 5 de xaneiro», continúa sonriendo.

Con vistas a casas de la rúa da Caldeirería

Patrio trasero, con vistas a casas de la rúa da Caldeirería
Patrio trasero, con vistas a casas de la rúa da Caldeirería XOAN A. SOLER

Subimos unas escaleras y llegamos entonces a un patio trasero, al que no es habitual acceder y desde donde se ven unas ventanas situadas en la parte posterior del escenario. «Non é un espazo de uso común. A el non se acostuma a vir», explica Suso Amado, mirando de inicio hacia la pared del teatro. «Nela nótase perfectamente o recrecido cara arriba que experimentou o inmoble na súa última etapa», traslada.

Ya de frente, Suso Amado observa las viviendas que, en su parte trasera, dan hacia el patio del teatro. «"Sabedes que casas son?"», pregunta sonriendo y aclarando al momento que son negocios de la vecina rúa da Caldeirería, como una farmacia clásica, las oficinas del Banco Santander, un bazar histórico o una boutique de zapatos. «Esta estancia sorprende a moitos, salvo aos donos deses comercios, que levan anos véndonos», cita.

La antigua casa del conserje, en la que nació el pianista Ángel Brage

Suso Amado, técnico de Cultura del Concello de Santiago, muestra la lareira conservada de la antigua casa del conserje
Suso Amado, técnico de Cultura del Concello de Santiago, muestra la lareira conservada de la antigua casa del conserje XOAN A. SOLER

En la segunda planta del teatro, donde hoy se sitúan las oficinas de sus trabajadores, se mantuvo con la misma estructura, y hasta la gran reforma que el recinto tuvo en 1986, la casa del conserje, Ángel Brage Brage. «Descoñécese cando se deixou de usar como vivenda... A súa pegada vese na lareira e nun vertedoiro que conservamos», muestra Suso Amado. «O conserxe, ademais de membro da capela da Catedral e clarinetista da banda de música municipal, era tamén o encargado do Teatro Principal, no momento no que o xestionaba o empresario Isaac Fraga. Vivía coa familia no teatro. Tivo cinco fillos e, o menor, Ángel Brage Villar, un pianista que chegou a ser unha das figuras máis relevantes no contexto musical compostelán, naceu no propio teatro en 1903. El foi cos anos quen acompañaría coa súa música e o seu piano ás sesións de cine mudo do teatro», traslada el técnico de cultura, antes de descender y detenerse ante los palcos.

Palcos con cierre de camarotes

«Nos 80 apostouse por solucións interesantes, como a de optar, no sistema de apertura dos palcos, por uns pasadores de camarotes de barcos», señala, bajando aún más, hasta la sala de proyección. «Antes os proxeccionistas tiñan que estar continuamente aquí, porque as películas eran altamente inflamables», cita, cogiendo unas de las tijeras con las que se cortaban los rollos de películas. «Isto era como una mesa de montaxe», demuestra.