Iluminación en verde para poñer o foco sobre a doazón de órganos e a miastenia
AMES
O Concello de Vilagarcía súmase á convocatoria o 1 e 2 de xuño
01 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Diversos edificios públicos e prazas iluminaranse de verde hoxe e mañá con motivo da conmemoración do Día Nacional do Doante de Órganos e o Día Internacional da Miastenia que se conmemoran o 1 e 2 de xuño respectivamente. Deste xeito, o Concello de Vilagarcía súmase ás convocatorias realizadas pola Asociación de Loita Contra as Enfermidades de Ril (ALCER) e pola Asociación Miastenia de España (Ames) coa intención de chamar a atención da sociedade sobre a necesidade de doar órganos para salvar vidas e para facer máis visible a doenza neuromuscular.
Con este tipo de accións, ALCER quere recordar que a doazón de órganos é un acto solidario. E Ames pretende dar a coñecer o que é a miastenia, unha afección das denominadas enfermidades raras pola baixa prevalencia na poboación.