
Os dous concorreron xuntos ao certame, convocado polo Concello brionés
18 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O alcalde de Brión, Pablo Lago, entregou o premio Laudamuco para textos teatrais en galego ao escritor zamorano Julio Fernández Peláez, gañador do certame xunto co madrileño Alberto de Casso Basterrechea, quen excusou a súa ausencia por motivos laborais. Os dous concorreron xuntos ao certame, convocado polo Concello brionés, Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas, coa obra Vento mareiro non dá voltas. Reciben 7.000 euros, unha figura deseñada polo recordado Xosé Vizoso e a edición do libro. Francisco Macías, director de Edicións Positivas, anunciou a súa xubilación, na que se centrará en reivindicar a Vidal Bolaño.