O festival Cinema Diverso recalará en Santa Comba o día 8

La Voz

SANTA COMBA

Andy Perez

Haberá a proxección dun filme e posterior coloquio 

31 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.

O festival de cine LGTBIQ+ Norte Cinema Diverso comezará en Santa Comba a súa expansión máis alá da Coruña. Será nunha xornada de cine e debate o vindeiro 8 de febreiro. Incluirá a proxección da película «Te estoy amando localmente» e un coloquio posterior coa participación dos directores do certame, Fernando Cayazzo e Fito Ferrreiro. A cita será ás 20.30 horas no auditorio do Multiusos con entrada de balde. Está organizada polo festival e o Concello de Santa Comba.